top of page
Perruquería Marisa.gif

A comarca de Deza terá un punto de encontro familiar

Permitirá que as familias e os menores de idade non teñan que trasladarse ducias de quilómetros para realizar as visitas establecidas polo réxime xudicial


Laura Moure/Deza

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciou esta mañá a creación dun Punto de Encontro Familiar (PEF) para a comarca de Deza. Será o décimo centro desta tipoloxía en toda a Comunidade e permitirá que as familias e os menores non teñan que trasladarse ducias de quilómetros para facer as visitas establecidas polo réxime xudicial.

A conselleira explicou que este importante recurso garante a protección dos menores de idade cuxos proxenitores se atopan nunha separación conflitiva. Coa creación deste décimo PEF, o Goberno galego avanza cara o propósito de chegar aos 14 centros por toda Galicia. Nestes momentos están en funcionamento os PEF das sete cidades e o do Barbanza e estanse avanzando noutros centros comarcais coma este do Deza ou o xa anunciado para a Mariña.

Fabiola García concretou que este centro do Deza dará cobertura non só aos seis concellos da comarca, senón a todas aquelas familias que pola súa situación xeográfica prefiran achegarse a estas instalacións pola súa proximidade. Así mesmo, lembrou que o Goberno galego conta cunha sólida rede de protección á infancia que permite identificar, previr e actuar sempre que o benestar dun menor se poida ver afectado.

78 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page