Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A científica agoladesa Marisol Soengas recibe o Premio Carmen e Severo Ochoa

Laura Moure/Agolada

A investigadora do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas ( CNIO) a agoladadesa Marisol Soengas recibe o Premio Carmen e Severo Ochoa de Investigación en Bioloxía Molecular 2021. “En recoñecemento aos seus estudos sobre o melanoma e a súa progresión nos pacientes afectados por estes tumores”, segundo manifestou a Fundación Carmen e Severo Ochoa que concede este galardón. A entrega do premio, que cumpre este ano o seu XXVI edición, terá lugar o vindeiro luns, 22 de novembro, ás 18:30 horas, na Real Academia Nacional de Medicina en Madrid.

Marisol Soengas. Autor: CNIO.

O premio está dedicado á súa investigación do melanoma, destacando a identificación de factores prol- oncogénicos que definen as señas de identidade destes tumores. Cos seus traballos xerou modelos para a visualización de melanomas in vivo, que facilitan o seguimento da progresión tumoral, así como a identificación de axentes antimetastásicos e de dianas antitumorais para a inmunosupresión destes tumores, que poden ser validadas en pacientes. Por mor diso estase desenvolvendo diversas terapias en pacientes oncolóxicos que se atopan en Fase II de desarrollo.


Marisol Soengas naceu en 1968 na Aldea do Monte, na parroquia agoladesa de Ventosa e xa tivo distintos recoñecementos debido a súa excelente traxectoria profesional.

101 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE