A Cervexaría Exilieta gaña o certame “Silleda a bocados”
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 2 Min. de lectura
O segundo premio foi para o Bar Debibian, mentres que o terceiro premio recaeu en Bodegón Esther
Laura Moure/Silleda
A Cervexería Exilieta resultou gañador do primeiro premio do concurso de tapas Silleda a Bocados, segundo a votación emitida pola clientela participante nesta primeira edición do certame gastronómico impulsado polo Concello de Silleda, a través da Concellería de Promoción Económica.

A proposta gañadora, baixo o nome de “Tapabocas”, fixo ademais dobrete ao acadar tamén o premio á mellor presentación. Tratouse dun mini bocado de pan con ovo de codorniz, zorza, pemento e cebola caramelizada, unha combinación que conquistou ao público tanto polo seu sabor como pola súa posta en escena.
O segundo premio foi para o Bar Debibian, polos seus cestiños recheos(un con carne, cebola caramelizada e e queixo de cabra e outro con carne, cogomelos, cebola caramelizada, queixo e tomate seco), mentres que o terceiro premio recaeu en Bodegón Esther pola súa tapa “Chupadedos”, unha proposta elaborada con ovo frito e gambas.
Dende o Concello de Silleda faise unha valoración moi positiva desta primeira edición de Silleda a Bocados, que pechou cun balance moi satisfactorio e cunha excelente resposta tanto por parte da clientela como dos locais participantes. A iniciativa, celebrada durante a pasada fin de semana baixo o paraugas de Silleda a Bocados e dos Días do Comercio con Corazón Local, permitiu vender arredor de 3.000 tapas nos 11 establecementos hostaleiros participantes, ao tempo que contribuíu a dinamizar tamén o comercio local, especialmente durante a xornada do venres 10 de abril
PUBLICIDADE
A campaña, deseñada para crear sinerxias entre comercio e hostalería de proximidade, repartiu ademais máis de 1.300 euros en premios directos a través do sistema de rascas, contribuíndo así a incentivar tanto as compras como as consumicións e premiando de maneira directa á clientela que apostou polos negocios do municipio. Agora unha vez realizado o reconto dos votos do público, a cita continuará co sorteo de premios (entre eles lotes de produtos donados por establecementos participantes no certame, ceas e vales aportado pola Asociación ECOS) o vindeiro mércores día 22, nun sorteo no que entrarán todas as persoas que entregaron as papeletas emitindo o seus votos de Silleda
a Bocados.
PUBLICIDADE
A entrega tanto destes como dos premios aos tres establecementos que se alzaron cos premios terá lugar no Salón de Actos do Concello o vindeiro venres día 24.
Dende o Concello de Silleda a concelleira Estefanía Taín reitera o agradecemento aos establecementos participantes e tamén ao público nunha iniciativa que se estrenou cun éxito contundente.








Comentarios