top of page

A Central Agropecuaria de Silleda ten un novo pavillón aumentando a súa capacidade ás 2.111 reses

Isto supón un incremento dun 44% de prazas nos casos establecidos para empregar o total do aforo


Laura Moure/Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA conta dende onte un pavillón máis para albergar as reses que acoden cada martes a este mercado, mellorando así a operatividade dos seus usuarios. Unha incorporación que permite dende xa á Central contar cunha capacidade máxima de 2.111 reses, o que supón un 44% máis das prazas dispoñibles ata hoxe, tendo en conta que estas eran 1.465 tras o reaxuste acordado recentemente con compradores do mercado.

O novo pavillón da central.
O novo pavillón da central.

Esta capacidade máxima está establecida para empregar en sesións de gran concorrencia, posteriores ás semanas nas que está fixado cos compradores de becerros de recría non celebrar as poxas correspondentes a esta categoría. Nunha semana ordinaria a capacidade será de 1.950 animais.


Esta habilitación dun dos pavillóns do recinto para a Central ofrece numerosas vantaxes. Así, en canto a becerros de recría, as súas prazas aumentan de 701 a 805. Respecto a vacún maior, supón que ás 440 prazas individuais habituais se engadan corraletas para un máximo de 120 vacas procedentes de granxas de estabulación libre, cuxo manexo é máis complexo, respondendo así a unha petición dos gandeiros. Ademais, permite sumar corraletas para outros 36 exemplares destinadas a situacións especiais.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, haberá máis espazo para os becerros carniceiros, os cales pasan a

ocupar o novo pavillón e aumentan as prazas de 220 a 339. Compartirán espazo cos becerros pasteiros, que ata agora estaban cos de recría, e incrementan o seu máximo de 104 a 160. Unha separación que permitirá aos compradores unha mellor valoración deste pasteiros, cuxo crecemento en asistencia ven sendo considerable neste mercado nos últimos dous anos.


Un pavillón con capacidade para 499 animais

O pavillón habilitado para incorporarse á Central Agropecuaria é o número cinco do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. Moi próximo aos dous que xa se viñan empregando para o mercado, dispón de corraletas para acoller 339 becerros carniceiros e 160 becerros pasteiros, un total de 499 animais. Así mesmo, dispón de catro peiraos de carga de diferentes alturas no seu exterior, con canalización de gando a través de mangas e portas direccionables cara o exterior.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Por outra banda, a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA de Silleda rexistrou onte dous récords na categoría de becerros carniceiros. En asistencia, con 355 animais (a anterior marcas estaba nos 325 animais do pasado 16 de decembro), e en transaccións da categoría, con 537.621€ (a anterior estaba nos 518.504€ tamén do pasado 16 de decembro).


A partir de onte as cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA diferenciarán as correspondentes a becerros pasteiros. Así, en lugar de estar incluídos na categoría “Becerros de recría”, terán o seu propio apartado e cotizacións baixo a denominación “Becerros pasteiros”.  "Hoxe, por cuestións técnicas, diferéncianse unicamente en canto a prezos unidade e figuran nun apartado específico dentro da categoría de “Becerros carniceiros”", sinalou a central onte.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Esta diferenciación vén propiciada pola dispoñibilidade dende onte dun terceiro pavillón para acoller os animais da Central, o cal albergará aos becerros carniceiros e pasteiros, permitindo separar a estes últimos dos becerros de recría e telos así mellor localizados (nos últimos dous anos houbo un incremento considerable deste tipo de animais polo aumento de operadores interesados neles). 


"Así, facilitarase aos compradores facer unha mellor e máis cómoda valoración dos animais para a súa posterior poxa e ademais suporá que os prezos medios serán máis coherentes e equilibrados dentro da categoría de “Becerros de recría”", recalca a central.

COTIZACIÓNS 10 FEBREIRO 2026:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page