top of page

A catedrática da USC, Eva Yebra-Pimentel, natural de Agolada, recibe o Premio Unión Profesional de Galicia

Recoñécese a súa contribución decisiva no avance da óptica e optometría en España e na formación dos ópticos optometristas para a mellora asistencial da saúde visual


Laura Moure/Agolada

A catedrática de Optometría da Universidade de Santiago (USC), Eva Yebra‑Pimentel Vilar, colexiada do Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia, recibiu o ‘Premio Unión Profesional de Galicia á excelencia e compromiso profesional 2026’. A entrega de premios celebrouse o pasado sábado en Santiago, no marco do ‘II Simposium de Innovación Tecnolóxica e Profesional’.

Eva Yebra-Pimental e a presidenta do Colexio de Ópticos Optometristas de Galicia, Esther Amaro.
Eva Yebra-Pimental e a presidenta do Colexio de Ópticos Optometristas de Galicia, Esther Amaro.

 A distinción recoñece unha carreira marcada pola dedicación, a innovación constante e o traballo incansable ao servizo da comunidade universitaria, profesional e científica. Yebra foi recoñecida polo seu "compromiso coa excelencia académica, o desenvolvemento científico e a consolidación da óptica e optometría como disciplina esencial para a saúde visual", sendo un exemplo para o estudantado e para o conxunto do sector.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Catedrática en Optometría e Contactología na USC, Yebra-Pimentel (Agolada, 1958), foi directora da Escola de Óptica e Optometría da USC (2001-2010), asumindo un papel clave na modernización da formación nesta área. Detaca polo seu forte compromiso coa formación das novas xeracións, como directora de tese no Programa de Doctoramiento en Medicamento Molecular e como directora do Servizo de Optometría da USC, contribuíndo á transferencia de coñecemento e á mellora da práctica asistencial. “É unha das figuras clave no desenvolvemento e consolidación dos estudos universitarios de Óptica e Optometría en Galicia e no conxunto do Estado español”, sinala o Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Alén do seu labor docente, Yebra sobresae pola súa actividade investigadora pola que é amplamente recoñecida. Lidera o grupo GI 2092 Optometría da USC, asociado clínico do IDIS (AC24 – Optometría), ten máis de 100 publicacións científicas, un índice h de 23 e conta con 5 sexenios de investigación acreditados pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) no ámbito das Ciencias Biomédicas, o que evidencia o seu impacto sostido no avance da investigación en saúde visual e tecnoloxías aplicadas á optometría.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page