top of page

A ‘Casa do Pillado’, en Agolada, participa na 20ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural

18 sept
2 min de lectura

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou onte este establecemento de hostalaría para informar de que a iniciativa arranca hoxe


Laura Moure/Agolada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou onte a ‘Casa do Pillado’, en Agolada, para anunciar o inicio, de hoxe venres, da 20ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural. A campaña impulsada pola Xunta arranca hoxe e desenvólvese ata o 20 de decembro e permitirá desfrutar da gastronomía galega ao tempo que se coñecen e se apoian os establecementos de turismo rural.

Na provincia de Pontevedra participan 18 establecementos, que ofrecerán diferentes propostas especialmente deseñadas para esta campaña. O programa conta con propostas específicas para visitas de un ou máis días, así como coa modalidade Outono

Plus, que incorpora actividades complementarias como experiencias termais, sendeirismo,

descenso en canoa ou visitas culturais, segundo o establecemento.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante a visita, Pablo Fernández destacou que esta iniciativa permite desestacionalizar a

actividade turística e dinamizar o rural, ofrecendo unha oportunidade para coñecer Galicia

tamén durante os meses menos concurridos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“O Outono Gastronómico é unha magnífica oportunidade para desfrutar da nosa gastronomía, descubrir o noso rural e apoiar os establecementos que traballan durante

todo o ano para ofrecer experiencias de calidade”, sinalou o delegado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Fernández animou a aproveitar esta nova edición para coñecer algunha das 18 casas

rurais participantes na provincia de Pontevedra e desfrutar dunha escapada que combina

gastronomía, natureza e patrimonio. A información sobre os establecementos participantes, os menús e as diferentes modalidades pode consultarse na web de Turismo de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page