A Casa a Xuventude de Silleda acolle mañá, día 3, obradoiros do CDR Medelo de Cogami
- Laura Moure

- hace 8 minutos
- 2 Min. de lectura
Esa xornada conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Laura Moure/Silleda
O Centro de Recursos de Cogami en Medelo celebrará este mércores 3 de decembro en Silleda o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, cunha xornada aberta á cidadanía que terá lugar na Casa da Xuventude, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Durante a mañá, o equipo profesional e as persoas usuarias do centro amosarán o traballo que realizan ao longo do ano, mediante diferentes talleres e demostracións de carácter artesanal e creativo: tear, bordado, calceta, coiro e cestería, entre outras propostas.
A iniciativa ten como obxectivo achegar á sociedade o potencial e as capacidades das persoas con discapacidade, poñendo en valor o seu talento, creatividade e participación activa na comunidade. Desde o CDR Medelo destacan que “é unha ocasión para abrir as portas do noso día a día e para reivindicar unha inclusión real e visible”.
Publicidade
A actividade conta coa colaboración do Concello de Silleda, que anima a toda a veciñanza a achegarse, coñecer o labor que se desenvolve no centro e compartir unha mañá de convivencia e aprendizaxe.
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, sinala que “o 3 de decembro é unha data para lembrar que a discapacidade non define a ninguén. O que nos define son as capacidades, os soños e as oportunidades que como sociedade sexamos capaces de garantir. Desde o Concello seguiremos apostando pola inclusión real, pola accesibilidade universal e por iniciativas que poñan ás persoas no centro.”
Publicidade
Fernández anima á veciñanza a achegarse á actividade e a descubrir o traballo que se desenvolve no centro: “É importante coñecer de preto o esforzo e o talento que hai detrás destes talleres, que teñen un valor social e humano inmenso.”








Comentarios