A carteira recolle as cartas para Papá Noel no CEIP Agolada e no buzón colocado xunto ao Consistorio
Esta iniciativa foi organizada pola ANPA do centro educativo
Laura Moure/Agolada
O alumando do CEIP de Agolada xa escribiu as súas cartas para Papá Noel. Son múltiples as peticións recollidas neses sobres. E os cativos contan coa colaboración de Correos para que todas cheguen a tempo ao seu destino.
A carteira, que foi avisada pola ANPA do CEIP de Agolada que foi quen tivo a idea, desprazouse este xoves ao centro educativo para recoller algunhas delas. Estas foron entregadas por parte dos cativos. Ademais, cada día esta profesional recolle as depositadas no buzón instalado na entrada do Consistorio agoladés para axilizar o proceso e para que os desexos de grandes e pequenos cheguen a Laponia canto antes.
Cabe mencionar que o buzón foi elaborado polo propio Concello e está incluído nas actividades da súa programación de Nadal, organizadas pola concellería de Cultura. Estará colocado ata o día 24.