top of page

A Carreira do Cocido de Lalín contará con máis de 50 voluntarios

3 oct 2021
1 min de lectura

Laura Moure/Lalín

O pasado venres pola noite os voluntarios/as da XI edición da Carreira do Cocido celebraban a súa reunión técnica para repasar percorridos e distintos aspectos do evento que se levará a cabo nunha semana. Iago Pazos (presidente do clube) e Hernán García (coordinador da carreira) deron a coñecer a batea de novidades en materia de percorridos, entregas de dorsais, enbolsado de camisetas, avituallamento sólido e líquido e resolveron as dúbidas dos asistentes no hall do castro tecnolóxico.

Ademais de agradecer novamente a colaboración dos máis de 50 voluntarios/as, Hernán García e o concelleiro de deportes, Avelino Souto, adiantaron que dende este ano a carreira será retransmitida simultaneamente pola emisora online GaliciaRadio.es e polo 106.8 de la FM Radio Lalín.


Outra das novidades anunciadas ten que ver co "Dorsal Cero". Isto permite facer a inscrición para colaborar co clube sin ter que ocupar as prazas limitadas aos corredores/as. Esto pódese facer a través da plataforma EMESPORTS.ES co mesmos procedemento que o resto de inscricións, que ata o día xoves 8 seguirán abertas aínda que son poucas as prazas libres para cubrir ese total de 650 participantes

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page