top of page

A carpa da Feira do Cocido de Lalín reunirá máis de medio cento de postos

Participarán 42 solicitantes con 51 postos dedicados á gastronomía, á artesanía e á actividade industrial


Laura Moure/Lalín

A concelleira de Turismo de Lalín, Begoña Blanco, informou de que a carpa do Cocido contará nesta edición cun total de 51 postos distribuídos entre 42 participantes, o que supón “unha das edicións con maior representación dos sectores vencellados á tradición gastronómica e cultural do Cocido”.

Segundo explicou a edil, o maior peso da carpa corresponderá ao ámbito da alimentación, das carnes e dos produtos derivados, cun total de 23 participantes que ocuparán 32 postos. Trátase, segundo indicou, de negocios ligados á elaboración e venda de produtos gastronómicos tradicionais, conservas, embutidos e outros alimentos transformados, “que son unha parte esencial da identidade da feira e do atractivo que ofrece ao público visitante”.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


Xunto a este sector, a concelleira destacou a presenza da artesanía, que contará con 15 participantes e 19 postos, dedicados a diferentes oficios e creacións artesanais. “A carpa permite dar visibilidade a traballos manuais e pezas elaboradas con técnicas tradicionais, que complementan a oferta gastronómica e reforzan o carácter cultural do Cocido”, sinalou Begoña Blanco.


A oferta complétase cun posto de carácter industrial, que contribúe a amosar outras actividades económicas vinculadas ao tecido produtivo local e comarcal, “ampliando a visión da feira máis alá do estritamente gastronómico”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Lugar de encontro

A concelleira puxo en valor a variedade da carpa, subliñando que “non se trata só dun espazo de venda, senón dun lugar de encontro entre produtores, artesáns e público, no que se pode coñecer de primeira man a riqueza de actividades que xiran arredor da Feira do Cocido”.


Begoña Blanco destacou tamén que a distribución dos postos e a diversidade de sectores “permiten ofrecer unha experiencia máis completa tanto á veciñanza como ás persoas que visitan Lalín durante a feira”, ao tempo que se apoia ao pequeno comercio, á produción artesanal e ás iniciativas económicas ligadas á tradición.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Por outra banda, a concelleira anunciou que o vindeiro día 15, día que coincide co inicio do Mes do Cocido, comezará a instalación da propia carpa, de 85X25 metros que acollerá unha parte importante das actividades relacionadas coa Feira. Estará instalada arredor de un mes, tendo actividades todas as fins de semana.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page