top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Candeloria: o día no que os paxaron casan

Laura Moure


Hoxe, 2 de febreiro, celébrase o Día da Candeloria ou das Candeas, aínda que este ano pola pandemia non haxa misa en moitos sitios. Polo día de hoxe o cura aproveita para bendecir as candeas que os feligreses levan. Despois xa as traen benditas para a casa para facer calquera tipo de ofrenda no momento que o desexen.


Foto: Cambridge University


Esta festa, de orixe celta, anunciaba a chegada da primavera e a volta das aves migratorias. Son moitos os ditos populares que falan desta festividade: Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar; cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra, se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro. Así que hoxe hai que estar moi pendente do que mande o ceo, aínda que as previsións xa nos dan unha idea.


Ademais, a tradición popular fala que polo día de hoxe casan os paxariños. O dito di que que veñen para emparellarse e criar e tamén conta o refrán: a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa. Así que xa saben: se vedes hoxe algún paxaro non vos esquezades de felicitalo polo seu casamento.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page