top of page

A campaña estival de doazón de sangue “Un alento de vida” chega hoxe ao concello de Melide

O municipio coruñés acadou no 2025 un dos índices de participación máis elevados de Galicia, obtendo unha taxa de 91 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano


Laura Moure/Melide

O concello de Melide súmase á campaña de verán “Un alento de vida” que desenvolve a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), co obxectivo de fomentar a participación cidadá durante os meses de verán. Para facilitar a colaboración dos veciños e veciñas de Melide, a unidade móbil da Axencia estará hoxe, martes 23 de xuño, no Parque Rosalía de Castro, diante do centro multiusos e da biblioteca municipal, das 10:15 ás 14:00 e das 16:15 ás 21:00 horas.


Esta iniciativa achegará a doazón a máis de 170 concellos galegos ata finais do vindeiro mes de agosto, tentando garantir a participación dos galegos e galegas nas campañas da ADOS durante o período estival e obter ao redor de 22.000 doazóns de sangue.

A Axencia lembra que todos os días do ano son precisas 400 doazóns para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais. Esta cifra se mantén nos meses de verán, un período especialmente sensible por mor da

deslocalización dos doantes habituais.


Colaboración fundamental

A campaña “Un alento de vida” lembra a importancia de procurar unha oportunidade de curación para moitos enfermos que só poden brindarlle os doantes de sangue que, co seu xesto solidario, contribúen ao posibilitar o tratamento de moitos doentes atendidos no noso sistema público de saúde.


As persoas que participen na campaña de verán recibirán un agasallo como unha almofada ou un balón de praia pola súa participación e, nesta ocasión, ao carón da unidade móbil instalarase un espazo que simula unha típica terraza de verán. Os doantes poderán inflar un globo que pasará a formar parte da escenografía e, deste xeito, simbolizar ese aire que supón para moitos doentes recibir unha transfusión de compoñentes sanguíneos.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Esta iniciativa quere chamar a atención sobre a necesidade de doar aínda que sexa verán e desfrutemos de vacacións, lembrando que as unidades móbiles tamén terán unha importante presenza en municipios de costa e eminentemente vacacionais.


Elevada participación

A Axencia quere amosar o seu agradecemento á corporación municipal pola súa implicación e decidido compromiso no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, así como o recoñecemento a todos os veciños e veciñas de Melide que doan sangue. Neste sentido, lembrar que no pasado 2025, Melide acadou, con 716 doazóns, unha taxa de 91 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, un dos índices máis elevados de Galicia só superado por o concello coruñés de Padrón que, con 92/1.000, situouse como o municipio máis participativo da nosa comunidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Desde a Axencia convidan a toda a cidadanía a tomar parte nesta nova campaña de doazón, lembrando que pode doar sangue calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue.


Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page