top of page

A Biblioteca Municipal de Silleda volve a aplicar o horario continuado dende hoxe

O servizo na rúa Trasdeza, estará aberto ao público de 08:00 a 20:30 e luns a venres e os sábados de 11:00 a 13:30 horas


Laura Moure/Silleda

A Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda contará novamente dende hoxe, 16 de setembro, con horario continuado durante a semana. Así, este servizo público estará aberto de luns a venres en horario de 8:00 a 20:30 horas de xeito ininterrumpido, despois de aplicarse un horario reducido durante a tempada de verán. Nas xornadas de sábado o horario de apertura do centro será de 11:00 a 13:30 horas.

Con esta medida vense a mellorar este servizo público facilitanto ao público en xeral máis tempo de uso tanto da consulta e préstamo de fondos como da sala de estudo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A biblioteca foi trasladada á ubicación actual en abril de 2022. O centro, con milleiros de volumes dispoñibles, conta cunha sala adicada ao público infantil e sala de estudo e nos últimos meses incorporou 170 novos títulos, en galego e castelán aos seus fondos, correspondentes a distintas novidades editoriais.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page