top of page

A biblioteca municipal de Rodeiro amplíase e dótase de melloras tecnolóxicas

Laura Moure/Rodeiro

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou este martes a biblioteca municipal Manuel Lamazares de Rodeiro, que vén de ser ampliada co apoio da Xunta “dentro do compromiso do Goberno autonómico por mellorar e impulsar as infraestruturas culturais do rural e garantir así o acceso á cultura a todos os galegos”, indicou.

Neste sentido, recordou que a Xunta de Galicia mantén unha liña constante de apoio aos concellos galegos a través dunha liña específica de máis de medio millón de euros. Este programa compleméntase con iniciativas para que os municipios se doten dos medios necesarios para executar as súas programacións culturais.


Froito da colaboración da Xunta e o Concello de Rodeiro, a biblioteca municipal vén de ser ampliada incorporando máis espazo para as súas actividades. O proxecto, para o que a Xunta achegou 40.000 euros, incluíu a creación dunha única sala máis ampla así como a mellora tecnolóxica coa instalación de tomas de internet e eléctricas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page