top of page

A Biblioteca de Melide celebrou o Día da Biblioteca co espectáculo 'Cantareiras' de Polo Correo do Vento

Laura Moure/Melide

A Biblioteca Pública de Melide celebrou este venres o Día da Biblioteca cunha actividade dirixida ao alumnado de primeiro de Educación Primaria dos tres colexios da vila. A conmemoración contou coa participación de Polo Correo do Vento, que presentou o seu espectáculo Cantareiras, unha proposta que combina a narración oral, a ilustración en directo e a música tradicional.

Durante a sesión, Quique Mauricio, contador de historias, achegou ao público infantil ao universo das Cantareiras, baseándose no seu libro As Cantareiras, no que se recollen as voces e o valor destas mulleres transmisoras da cultura popular galega. Pola súa banda, Tania Solla, ilustradora, deu vida ás protagonistas a través dunha ilustración realizada en directo, mentres soaban pezas musicais interpretadas con instrumentos tradicionais galegos.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A actividade converteuse nunha experiencia participativa e lúdica que permitiu ao alumnado gozar da literatura, da arte e da música ao mesmo tempo, reforzando a importancia da biblioteca como espazo de encontro, aprendizaxe e creatividade.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Con esta proposta, a Biblioteca de Melide quixo poñer en valor o papel das bibliotecas como lugares de acceso á cultura e á imaxinación, celebrando o 24 de outubro, Día da Biblioteca, unha data que lembra a necesidade de fomentar o hábito lector e o amor polos libros desde as idades máis temperás.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page