A Bandeira celebrará o 17 de outubro o Fin de Festa do 50 aniversario da Empanada
A asociación organizadora recuperará a xornada suspendida pola choiva cunha noite de música e fogos de artificio
Laura Moure/Silleda
A 50ª edición da Festa da Empanada de Bandeira bateu récords de participación e converteuse nunha celebración histórica. A choiva obrigou, porén, a suspender os concertos das bandas previstos para o último día. Para que a festa poida ter o peche que merece, a Asociación de Amigos da Empanada, presidida por Manuel Cuiña, organiza o sábado 17 de outubro unha xornada especial o “FIN DE FESTA 50 DA EMPANADA”.

A partir das 20:00 horas actuarán a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Artística de Merza. Ás 23:00 horas haberá unha tirada de fogos de artificio (nota: no cartel aparece as 00:00 horas pero será as 23:00 horas) e, a continuación, verbena coas orquestras Cinema e Olympus.
"Este 50 aniversario merecía unha celebración á altura do que vivimos durante todo o
ano. A resposta da xente foi extraordinaria e agora queremos compensar o que choiva nos obrigou a deixar pendente", sinala o presidente da asociación, Manuel Cuiña.
PUBLICIDADE
A resposta do público marcou esta edición. A tradicional cea das peñas reuniu preto de 8.000 persoas, unhas 1.200 máis que na edición anterior, e a organización bateu récords de participación, tanto no número de peñas como na asistencia ás actuacións das orquestras.
O aniversario estivo presente desde o inicio na programación. Entre as iniciativas conmemorativas destacou a inauguración do mural «Lección de Empanada», obra de
Yoseba MP, que rende homenaxe á tradición e á transmisión da elaboración da empanada entre xeracións. A programación incluíu tamén o Bandeirock, o Esmorga Folk, xogos tradicionais, tiro á corda, o concurso de empanadas, o pregón de Carlos Blanco e a tradicional poxa das pezas premiadas.
PUBLICIDADE
Co «Fin de Festa do 50 aniversario da Empanada», a Asociación recupera as actuacións suspendidas e pon o broche musical a unha edición que celebrou medio século de
historia da Festa da Empanada de Bandeira.









Comentarios