top of page

A Bandeira acollerá o 18 unha dobre función, con musical infantil e outro dos éxitos dos 80’s e 90’s

As entradas están xa á venda en internet e Droguería Luisa, en Silleda


Laura Moure/Silleda

O Auditorio municipal Manuel Dopazo de Bandeira acollerá o sábado 18 de outubro de 2025 unha xornada de música para todos os públicos con dobre programación. Así pola tarde ás 17 horas, o musical familiar “Bienvenidos a mi fiesta” irá seguido do espectáculo

“Bienvenidos”, finalista dos premios OFF 2025 ao mellor teatro musical.

Sesión familiar: “Bienvenidos a mi fiesta”

Ás 17:00 horas, o público máis novo (e tamén o adulto) fará unha viaxe polos grandes éxitos infantís e familiares de toda a vida —Cantajuegos, a Granja, o circo…— nun show cheo de humor, personaxes recoñecibles e estética desenfadada da man de Grupo Pompitas. A dirección artística leva a sinatura de Alfonso Durán. “Queremos que o público se deixe levar pola maxia, que cante e se emocione; é un agasallo para quen medrou con estas cancións atemporais”, apunta o promotor José Falomir.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Noite de nostalxia: “Bienvenidos”

Xa en sesión de tarde-noite ás 20 horas, “Bienvenidos” de La Opción Produccione propón un percorrido polos himnos dos anos 80 e 90 (Tino Casal, Mecano, Hombres G, Los Secretos, Alaska, Radio Futura…), con voces en directo, interacción co público e un fiado teatral de formato grande. A dirección artística é de Víctor Páez e a dirección musical corre a cargo de Fran Expósito. “Non se trata só de escoitar as cancións, senón de volver sentilas e bailalas como a primeira vez”, subliña o director. O espectáculo foi finalista nos

premios OFF 2025.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Venda de entradas

As persoas interesadas xa poden mercar as entradas, á venda xa dispoñibles en

www.dentralia.com e en Luisa Regalos na (Rúa Progreso, 61 – Silleda).



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page