top of page

A Bandeira acolle este sábado día 17 a presentación do Entroido tradicional da Ulla

Estarán A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Cruces, que comparten esta tradición, declarada Ben de Interese Cultural e Festa de Interese Turístico Galego


Laura Moure/Silleda

A localidade silledense da Bandeira acolle este sábado día 17 a presentación das celebracións do Entroido tradicional da Ulla, que comparten 8 municipios das provincias de A Coruña e Pontevedra (A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces). A cita está prevista na praza do Entroido (ás 12:00 horas), se ben en caso de choiva se trasladará ao auditorio municipal Manuel Dopazo.

A celebración, que o pasado ano foi declarada Ben de Interese Cultural como Patrimonio Inmaterial, chegará neste 2026 a un total de 27 parroquias, con máis de 30 eventos, nos que as voces e os vivas dos Xenerais volverán encher de tradición as celebracións do entroido.


Na presentación deste ano, un dos eixos principais será o futuro desta tradición, cuestión que tamén se reflictirá ca participación do alumnado da Escola de Xenerais da Bandeira, localidade silledense na que pervive a tradición xunto con Lamela, así como na imaxe do entroido ca que se está a promocionar conxuntamente a edición de 2026: o mural realizado polo artista urbano lucense Diego AS, situado en Vedra, en San Xián de Sales. Precisamente será neste municipio onde comece a axenda deste ano o vindeiro sábado 24 na parroquia de San Miguel de Sarandón.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


No acto estarán presentes representantes municipais dos 8 concellos, con celebracións que continuará ata o 22 de febreiro, así como das asociacións e colectivos promotores e da Xunta de Galicia, entre outros.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O Entroido tradicional da Ulla é unha das manifestacións máis singulares do entroido galego, caracterizada polos Xenerais da Ulla, personaxes centrais desta celebración que, montados a cabalo ou a pé, percorren parroquias e lugares acompañados polas súas “tropas”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Vestidos con vistosos uniformes, tricornios e bandas, os Xenerais protagonizan os tradicionais atranques ou altos, batallas dialécticas cheas de ironía, crítica social e humor, nos que se repasan feitos de actualidade e asuntos da vida local. A tradición complétase nalgún dos casos coa participación do coro, as comparsas e parrandas, nunha celebración colectiva transmitida de xeración en xeración, que mantén viva a identidade cultural da comarca da Ulla e do interior de Galicia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page