top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, no Certame Internacional de Bandas de Aranda del Duero

A formación silledense, baixo a batuta de Manuel Paino, actuará este venres ás 22:00 horas na XXI edición deste certame


Laura Moure/Silleda

A Banda Recreativa e Cultural de Bandeira participa esta fin de semana no XXI Certame Internacional de Bandas de Musica “Villa de Aranda”, organizado polo Concello de Aranda del Duero (Burgos).

A formación silledense, con máis de 50 músicos, participará dirixida por Manuel Paino neste certame o venres 5, cun concerto previsto para as 22:00 horas na plaza do Trigo. A expedición partirá o venres á mañá dende A Bandeira ata a localidade de Aranda del Duero, onde se vén desenvolvendo este certame internacional dende o pasado día 8 de xullo.

Nesta vixésimo primeira edición deste prestixioso certame participa un total de sete agrupacións de Valencia, Alicante, Málaga e en representación galega ademais da Recreativa e Cultural da Bandeira figura a Banda de Meaño, que pecha o cartel o vindeiro día 26.

0 comentarios

Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page