A atleta de Dozón Tamara García logra doble vitoria absoluta
Ecos da Comarca/Dozón
A atleta de Dozón Tamara García participou esta pasada fin de semana en dúas probas e logrou doble vitoria absoluta.

CIRCUÍTO CORRE SAN:
A proba correspondente ó circuíto compostelán servía como lanzadeira da fin de semana, desputándose o sábado 11. Vitoria absoluta con máis de medio minuto de diferencia respecto á segunda clasificada (Julia Salvado) nunha carreira rápida. Tamara parou o crono en 19’02’’
PUBLICIDADE
8K LESTROBE:
O luns 12 era o turno dunha das clásicas en ruta. Dúas voltas ante un circuíto esixente de 4 quilómetros, que Tamara completaría cun tempo estratosférico de 31’37’’ e sacando máis de 1 minuto á segunda clasificada.
PUBLICIDADE
"Tamara García está voltando á competición de xeito progresivo despois da súa intervención, que a tivo alonxada dos adestramentos e competicións durante toda a tempada estival. Especializada en probas de trailrunning e como parte da selección galega está a enfocar os seus primeiros meses de competición nas probas de ruta sendo un dos seus principais obxectivos durante esta tempada poder chegar en bo estado de forma ó Cto. Galego de Media Maratón que se desputará en Vilagarcía de Arousa", sinala o Club Deportivo Biosbardo.









Comentarios