top of page

A Asociación de Troiteiros “Río Furelos” organiza as XIX Xornadas de Limpeza 2023

Estas serán o 26 de agosto e o 2 de setembro


Laura Moure/Melide

Ao longo dos anos,una vez máis a Asociación de Troiteiros “Río Furelos”, asume unha política rigorosa de prevención e defensa do río e do Medio Ambiente. O Programa “Xornadas de Limpeza do Río Furelos e Afluentes”, enumera un conxunto de compromisos que contribuen para a preservación do río e da súa biodiversidade e riqueza piscícola.

Unha das xornadas de limpeza no río Furelos.

"Porque amar o río Furelos está en mans nosas, participa, colabora e contribue por un ben que é de tod@s", recalca o colectivo. Con este obxectio organiza para o 26 de agosto e o 2 de setembro as XIX XORNADAS DE LIMPEZA 2023. Os horarios serán pola mañá de 9:00 a 13:00 horas e pola tarde de 16:00 a 20 horas e será na praia fluvial de Furelos.


Publicidade

"Lugar de encontro e socialización, de acollida e respeto que comparten as persoas que habitan e visitan. Non te deixes levar por prácticas inapropiadas, deposita o lixo nas papeleiras e colectores. O río e o seu entorno ten un valor excepcional, goza da paz e da calma. Axúdanos a axudarte", resalta a asociación e inda que os voluntarios teñen que traer a roupa e calzado adecuado para participar nas Xornadas de Limpeza,e que todo o demais xa está a cargo da organización.


Así mesmo, apunta que ao remate de cada xornada matutina haberá un xantar a cargo da organización no mesmo río Furelos e no remate do serán darase a cada participante un bocadillo e agasallos (unha camiseta, visera e pin conmemorativos).


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page