top of page

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda advirte que a campaña de Nadal pende dun fío

O motivo é a falta de constitución dunha nova directiva


Laura Moure/Silleda

Este pasado luns 20 de outubro tivo lugar na Casa da xuventude de Silleda a Asamblea Extraordinaria da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda (ECOS), na cal o tema a tratar era a constitución dunha nova directiva, algo que non se conseguíu, polo que periga a campaña de Nadal.

ree

Explican que na xunta estaban presentes un total de 15 socios dos 70 dos que está formada a asociación, de entre os cales 4 eran membros da actual directiva. De todos os membros presentes só dous se presentaron para formar a nova directiva, a cal debe de estar formada por un total de 6 membros, polo que, se acordou dar de prazo ata o próximo luns 27 de outubro, prazo no que de non chegar a constituirse a nova directiva, xa que a actual está convocada para facer unha acta de disolución de Ecos.

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Dende Ecos fixemos un chamamento a todos os socios e socias para que a nova directiva que se esta intentado formar poida chegar a ser unha realidade e poder dar continuidade a asociación".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Salientan que "xa ca Campaña de Nadal as portas, urxe a formación da nova directiva, posto que, esta campaña leva sendo todo un éxito estos últimos anos e supón un gasto moi grande en compras, as cales repercuten no pequeno comercio local asociado. As cifras o demostaran, posto que o pasado ano según os sobres que participaron no sorteo de Nadal do 10 de xaneiro, había compras por un importe total mínimo aproximado duns 200.000€ que se gastaron no comercio de Ecos".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page