top of page

A Asociación AMARAI aumenta o parque móbil coa adquisición da súa oitava furgoneta adaptada

O novo vehículo supón unha mellora da calidade dos servizos ofertados pola entidade


Laura Moure/Boimorto

A Asociación Amarai (Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide), incrementa a súa frota de vehículos coa adquisición da súa oitava furgoneta adaptada. Isto foi posible grazas a que Cogami presentou os seus proxectos e os das entidades membro, como é o caso de Amarai, á

subvención do 0’7% do IRPF destinada á realización de programas de interese social para fins de carácter social, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Carmen Rey, presidenta de Amarai e Mario Mendoça, vicepresidente, coa nova furgoneta.
Carmen Rey, presidenta de Amarai e Mario Mendoça, vicepresidente, coa nova furgoneta.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O novo vehículo suporá unha mellora no servizo de transporte, acortando tempos dos traxectos nas rutas de traslado das persoas usuarias ao centro e ás súas casas. Tamén a mellora dos servizos terapéuticos ofertados por Amarai nos que é imprescindible o transporte, como son Hipoterapia ou Natación Terapéutica.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Así mesmo, para acudir ás actividades de ocio que se organizan dende o centro. Este servizo é un pilar imprescindible no funcionamento diario do Centro de Recursos co que a entidade conta en Boimorto e que, na actualidade, se atenden a 40 persoas con discapacidade de 12 concellos rurais.


O día 3 de decembro estivemos coñencendo máis Amarai. Este é o noso vídeo: https://www.facebook.com/reel/1297514935467539



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page