top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda ten en marcha unha nova campaña

Iniciouse o 20 de setembro e rematará o 9 de outubro de 2024


Laura Moure/Silleda

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda ten en marcha unha unha nova campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Pontevedra, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. Esta campaña promocional e de dinamización comercial iniciouse o 20 de setembro e rematará o 9 de outubro de 2024; ambos incluidos.


Trátase dunha campaña “aberta”, na que poden participar tódolos consumidores maiores de idade que se rexistren a tal efecto e que realicen unha compra por calquera importe en comercios retallistas de proximidade de Silleda adheridos á campaña durante as datas de duración da mesma. Os establecementos socios de ECOS adheridos a esta campaña son Óptica Silva, Os teus zapatiños, Raisport Deportes, Movideza, Librería Pily, A Fervenza Pinturas, Luisa Regalos, De-Cores, Arcolar - Porcelanosa, Sedela, Peluquería Isabel Muiños, Calzados Iglesias, Libería A Casiña dos Contos, Marius Closet, Express Pellets, Óptica Titanium, Mercería Sonia, María Lodeiro, Carmiña Moda, A Parafarmacia, Mamasunción, Leyla e Lencería e Corsetería Segredos. Os compradores deberán en todo caso conservar o ticket da compra realizada no comercio de proximidade ou unha fotografía do mesmo, a fin de dispoñer dun xustificante.

Silvia de Librería Pily, Ana de Movideza e Melissa de A Casiña dos Contos, todas membros da directiva posando co cartaz da campaña.

Rexistro

O consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo a través da plataforma/dirección web habilitada ao efecto e denominada www.mercanoteucomerciopontevedra.com, efectuando o correspondente rexistro da operación de compra realizada no comercio de proximidade/tradicional retallista de Silleda que lle dará dereito a 1 participación no sorteo. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación da compra realizada e o cliente/consumidor.


Soamente se poderá facer un rexistro por compra e cada operación de compra rexistrada equivale a 1 participación no sorteo. Así, cantas máis compras se fagan no comercio de proximidade, máis participacións poderanse obter e máis posibilidades de gañar un dos premios sorteados.


Outra modalidade de rexistro para participar nesta campaña/sorteo é contando coa colaboración activa do comerciante retallista se éste o desexa (modalidade de participación a realizar exclusivamente no establecemento comercial), e a través do espazo da plataforma habilitado a tal efecto denominado www.mercanoteucomerciopontevedra.com/comercios, debendo quedar asimesmo perfectamente rexistrada a operación de compra no comercio de proximidade/tradicional, así como plenamente identificado o consumidor/cliente. Esta modalidade dá ao consumidor/cliente a posibilidade de obter 2 participacións no sorteo por cada operación de compra rexistrada.


Non será de aplicación o troco dos bonos [premios] para as compras en liña e/ou por internet.


Realización do sorteo

O sorteo terá lugar ante notario en data de 11 de outubro de 2024, ás 12:00 horas, na sede da FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO. A realización do sorteo terá lugar de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata rematar a totalidade de premios bonos/códigos-QR prepago dispoñibles para sortear baixo este sistema na campaña, que serán un total de 50 bonos/códigos–QR prepago de 200 euros.


Os premios a sortear ante notario nesta campaña consistirán en 50 bonos/códigosQR prepago de 200 euros debidamente personalizadas coa imaxe da campaña, e que os consumidores que resulten agraciados deberán utilizar para realizar novas compras única e exclusivamente no comercio de proximidade de Pontevedra e provincia participante na campaña e rexistrado na web www.mercanoteucomerciopontevedra.com. Establécese un máximo de 3 operacións de QR-compra, nos que se realizarán as compras co premio de 200 euros.


Publicidade

O número total de bonos/códigosQR/tarxeta prepago que se sortearán en Pontevedra e na súa provincia e os importes respectivos das mesmas serán os seguintes:


• 50 BONOS/CÓDIGOS-QR PREPAGO POR VALOR DE 200 EUROS CADA UN DELES . SORTEO TELEMÁTICO.


• 1 TARJETA PREPAGO POR VALOR DE 1.000 EUROS. SORTEO PRESENCIAL.


O importe total dos bonos/códigosQR/prepago e tarxeta prepago a sortear en Pontevedra e a súa provincia é de 11.000 euros.


0 comentarios

Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page