top of page

Silleda inicia as obras de mellora das pistas de Rellas cun investimento de 115.680 euros

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de poñer en marcha unha nova actuación de mellora viaria no ámbito rural coa execución das obras nas pistas da parroquia de Rellas, que inclúen os viarios que conectan o lugar da igrexa co núcleo de Torrevedra e o que comunica A Lama coa estrada provincial. A intervención en Rellas conta cun investimento de 115.680,90 euros, e ten un prazo de execución estimado de dous meses.

A actuación contempla a rehabilitación superficial dos firmes mediante aglomerado asfáltico, con escarificado da superficie no viario entre Torrevedra e a igrexa e incluíndose no contrato coa adxuducataria, a empresa Taboada e Ramos, a execución dunha mellora de preparación de subbase niveladora previa.


As obras inclúen tamén actuacións de drenaxe con preparación de cunetas, incorporando zonas de cunetas transitables de formigón, e a instalación de tubos para dar continuidade aos fluxos naturais da auga, así como o fresado dos entronques con outros viarios. En canto a seguridade viaria, dotaránse as pistas tanto de sinalización horizontal como vertical nos cruces das vias de actuación.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A alcaldesa, Paula Fernández Pena, sinala que “esta actuación busca garantir mellores condicións de mobilidade, seguridade e durabilidade nas pistas de Rellas, seguindo os criterios técnicos marcados polos servizos municipais”.


Dende o Concello solicítase colaboración á veciñanza, especialmente ás persoas propietarias de fincas que estean sendo traballadas con tractores de gran tamaño e non dispoñan de tubaxes nos accesos. Neste caso, solicítase que contacten coa Alcaldía no 986 580 000 (extensión 6) co fin de buscar solucións axeitadas. Ademais, lémbrase a obrigatoriedade de tala das árbores pirófitas (como eucaliptos ou piñeiros) que se atopen nas marxes dos viarios municipais, especialmente naqueles tramos incluídos nesta actuación, co obxectivo de garantir a durabilidade do firme e reducir ao mesmo tempo riscos para as persoas.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta obra supón un novo paso no compromiso do goberno municipal coa mellora da rede viaria rural, esencial para o día a día das parroquias e clave para fixar poboación no territorio. Esta é a terceira parroquia, logo dos lugares de Toxa e Toiriz (Silleda) e Costela, na parroquia de Margaride, na que se poñen en marcha melloras de viarios ao abeiro do Plan de Reparacións Viarias, impulsado tralo acordo plenario entre o Goberno e o Bloque Nacionalista Galego, que permitiu solicitar un préstamo de 1.750.000 euros para acometer melloras en distintas parroquias do municipio, apoiado por toda a Corporación.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page