top of page

A ANPA do CEIP Martagona de Melide manifestarase o 20 de outubro baixo o lema Por un patio seguro

Sinala que xa vai aló un mes e medio dende que comezou o curso escolar e o alumnado segue sen poder saír ao patio exterior e non obtiveron ninguha solución


Laura Moure/Melide

A ANPA do CEIP Martagona de Melide convoca para o vindeiro luns, 20 de outubro, unha manifestación baixo o lema Por un patio seguro. Cabe mencionar que o alumando non pode saír ao recreo pola perigosidade do peche perimetral do centro e ademais, levan anos pedindo outras melloras. O primeiro día escolar deste curso académico os pais e nais xa se concentraron diante do colexio para pedir solucións, algo que a día de hoxe non obtiveron.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Xa vai aló un mes e medio dende que comezou o curso escolar e os nenos/as da Martagona seguen sen poder saír ao patio exterior. Non temos respostas, non temos unha solución definitiva ao problema. Inspección non accede a unha reunión coa nosa comunidade educativa, o Director Territorial non contesta (nin o fixo nunca) ás nosas peticións... Que nos queda?? Facer ruído", sinala o colectivo.

ree

PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Anímamosvos a todos a participar nesta protesta. Porque os nosos nenos/as teñen dereito a unha escola e a unhas instalacións de calidade", recalca.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page