Laura Moure/Silleda
A ANPA do CEIP de Silleda e o veciño de Laro José García levarán a cabo un mercadillo solidario para poder axudar aos afectados polo volcán de Palma.
"Necesitamos a solidaridade de tódolos silledenses e de toda a Comarca de Deza para que nos donen cousas que teñan na casa e que non utilicen coma bisutería, bolsos, roupa, mochilas, libros ,etc... e moito máis, pero que estea todo en bo estado", demanda José García. Xa indicarán máis adiante onde se poden donar.
"A parte de todo isto tamén se pode donar botes vacíos de leite para bebés vacíos. Ademais se alguén ten un asador de castañas, máis castañas e leña e se se anima a asalas para vendelas o día que se celebre o mercadillo solidario", tamén o agradecen.
Ao mesmo tempo, García indica que necesitan que alguén de Silleda lles deixe un baixo para poder levar a cabo esta recollida de material para depois vendelo no mercadillo solidario. "E todo o que se recaude será destinado a axudar os nosos veciños e nosas veciñas da illa da Palma que perderon todo por culpa do volcán", apunta.
Tamén fan un chamamento ás empresas de Deza por se queren patrocinar este mercadillo solidario.
Kommentarer