Rematará este venres e as clases comezarán o 4 de outubro
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
A ANPA de Antas de Ulla (Anpadulla) ten aberto o prazo de inscrición para anotarse nas actividades extraescolares para o curso 2021-2022.
A oferta é a seguinte:
Luns ás 19:00 horas hip hop (Lugar por determinar).
Martes de 15:30 a 17:30 horas clases de inglés na aula da ANPA.
Mércores de 16:45 a 17:30 horas natación nas piscinas de Chantada.
As persoas interesadas en apuntarse teñen ata este venres para facelo chamando ao teléfono 667 401 428.
As clases darán comezo o vindeiro luns día 4 de outubro.
Tamén haberá charlas, talleres e outras actividades das que nos irán dando conta.
Comments