top of page

A ampliación da residencia de maiores de Boimorto financiada pola Xunta entra na súa recta final

O Goberno galego investiu 500.000 euros de fondos europeos nesta actuación, coa  que se dotará a este centro municipal de 14 novas prazas

Laura Moure/Boimorto

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou recentemente as obras de reforma da residencia de maiores de Boimorto, que están a piques de rematar. A Xunta destina 500.000 euros a esta actuación, unha das postas en marcha en toda Galicia a través do Plan de investimentos para a construción, reforma e ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Con este investimento, que supón o 80% do custe total das obras, o centro residencial contará con 14 novas prazas novas para sumar un total de 53. Estas novas prazas repártense entre cinco habitacións dobres e catro individuais. Os orzamento total dos traballos de reforma do equipamento superan os 600.000 euros.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Perfecto Rodríguez, que durante a visita estivo acompañado da alcaldesa do concello, María Jesús Novo, explicou que o Goberno galego porá en marcha a través do Plan de investimentos máis de 700 novas prazas públicas en 24 residencias e centros de día.  O xerente enmarcou estas actuacións no obxectivo da Xunta de garantir a mellor atención ás persoas maiores preto das súas casas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Plan de investimentos está dotado de 18,5 millóns de euros de fondos europeos do Mecanismo de Recuperación, Transformación e Resiliencia (MRR) e foi acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). As obras financiadas con este plan inclúen residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page