top of page

A Algarabía regresará a Lalín do 4 ao 6 de setembro cun cartel cheo de música galega

Laura Moure/Lalín

A Asociación Cultural O Naranxo organiza unha nova edición da Algarabía, que se celebrará en Lalín os días 4, 5 e 6 de setembro de 2026. O evento contará cun amplo programa musical repartido en tres xornadas, con actuacións de grupos e artistas da escena galega e estatal.

A programación arrancará o venres 4 de setembro coa sesión de noite, na que actuarán Tiro na Testa, Marela, Cara B e Aprendiz.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O sábado 5 haberá música durante toda a xornada. A sesión vermú estará protagonizada por Varacuncas, mentres que pola tarde será a quenda de Pakolas. Xa pola noite subirán ao escenario Harry May, Meu, Eskravos e Luch O'ner.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O festival pecharase o domingo 6 de setembro cunha sesión vermú a cargo de Rodrigo Ramos e unha sesión de tarde na que actuará Sagafuga.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Algarabía está organizada pola Asociación Cultural O Naranxo e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Lalín.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A cita consolídase como unha das propostas culturais do final do verán na comarca, reunindo durante tres días concertos para públicos de diferentes idades e estilos musicais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page