top of page

A alerta nos grupos O- e A- fai que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chame á participación

Reforzará a presenza das unidades móbiles en máis de 30 concellos e lembra que son necesarias doazóns de todos os grupos sanguíneos


Laura Moure/Xeral

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento á participación dos galegos e galegas nas campañas de doazón de sangue por mor dun descenso nas reservas dos distintos grupos sanguíneos. Faise precisa a colaboración de todos os doantes pero, moi especialmente, dos grupos O- e A-.

A coincidencia de datas festivas, na meirande parte dos concellos galegos por mor do Entroido, e as inclemencias meteorolóxicas que atravesamos estas últimas semanas, teñen diminuído a participación da cidadanía e, polo tanto, repercutindo no estado das reservas de sangue.


Para paliar esta situación e acadar unha media de máis de 400 doazóns de sangue diarias, as unidades móbiles da ADOS visitan esta semana máis de 30 concellos galegos, con especial presenza en centros educativos non universitarios, polo que o chamamento fai especial fincapé nos nosos mozos e mozas, animándoos a participar activamente no transcurso dos vindeiros días.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Así mesmo, lembrar que a vindeira semana comezará a segunda fase da campaña de doazón en centros educativos das tres universidades galegas. As campañas de doazón de sangue en centros educativos, tanto universitarios como non universitarios, resultan fundamentais para ADOS porque, ademais, de obter un número determinado de doazóns de sangue, permiten a renovación da actual base de doantes de Galicia.


Labor asistencial

A ADOS lembra que, diariamente, son precisas máis de 400 doazóns para abastecer cos compoñentes sanguíneos que necesitan os hospitais galegos para desenvolver axeitadamente o seu labor asistencial.


Cada día, os hospitais galegos atenden unha media de 2.800 urxencias, realizan 800 intervencións cirúrxicas e un transplante de órganos, así como realizan 1.600 atencións nos hospitais de día. Unha elevada porcentaxe desta intensa actividade asistencial precisa do sostemento de compoñente sanguíneos que só é posible obter da doazón de sangue.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Co obxectivo de incrementar a participación dos doantes, as unidades móbiles da ADOS realizarán, no transcurso desta semana, os seguintes desprazamentos:https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/021748/alerta-nos-grupos-fai-que-axencia-doazon-organos-sangue-chame-participacion-dos


Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page