A alcaldesa de Silleda participa na Comisión de Seguridade Cidadá e Protección Civil da FEMP
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
A Comisión de Seguridade Cidadá e Protección Civil da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) celebrou este luns unha reunión nas instalacións da Escola Nacional de Protección Civil, en Rivas Vaciamadrid. Ao encontro asistiron representantes municipais de todo o Estado, incluíndo a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena.

Durante a sesión abordouse a posta en marcha do Plan de Formación ante Emerxencias de Protección Civil dirixido a centros educativos non universitarios, que será obrigatorio a partir do curso 2025-2026. Este plan ten como obxectivo dotar ao alumnado de ferramentas e coñecementos para actuar de forma segura e eficaz ante situacións de emerxencia, e contará coa participación directa dos concellos na súa implementación, “tendo en conta o considerable aumento e a gravidade das catastrofes naturais e de orixe
humano nos ultimos anos, é moi importante que as e os nenos saiban como actuar ante os primeiros momentos, polo que esta formación é indispensable” di a alcadesa
Paula Fernández puxo en valor a importancia de avanzar na preparación da cidadanía fronte ás emerxencias, especialmente nun contexto de riscos crecente marcado polo cambio climático. “En Silleda estamos adoptando medidas como a contratación dunha brigada extraordinaria de prevención contra incendios durante o verán, centrada nas faixas secundarias de protección en propiedades municipais, así como un novo mecanismo de revisión e supervisión das atraccións de feira que se instalarán no territorio, co obxectivo de garantir a seguridade de toda a veciñanza, especialmente das crianzas” sinala a mandataria.
Publicidade
Durante a comisión tamén se presentou a Guía Técnica para a elaboración dos módulos nacionais de emerxencia e deuse a coñecer o Libro Branco da “Prevención de incendios e as súas consecuencias. Obxectivo Cero Vítimas”, un documento que recolle 112 recomendacións para reducir vítimas e danos por incendios, especialmente en vivendas, impulsado pola Asociación de Profesionais Técnicos de Bombeiros e pola Fundación MAPFRE.
Outros temas tratados foron os contidos mínimos dos Plans de Protección Civil e a súa aprobación no ámbito local, o mecanismo europeo de protección civil, a senda e plataforma nacional de xestión do risco de desastres, e a coordinación para a xestión de incendios forestais transfronteirizos con Portugal e Francia. Tamén se presentou información sobre o VIII Encontro Nacional de Seguridade Local e a axenda “Programa de Señalamentos”, promovida pola Dirección Xeral de Transformación Dixital da Administración de Xustiza.
Publicidade
A maiores do contido formal da sesión, as persoas asistentes puideron coñecer as instalacións da Escola Nacional de Protección Civil e asistir a unha exhibición práctica da unidade canina de rescate.
Комментарии