top of page
Perruquería Marisa.gif

A agoladesa Zerua Galego Insua presenta o seu segundo libro nun acto conducido por Laura Moure

Laura Moure/Agolada

Zerua Galego e Laura Moure hoxe na presentación. Autor: Ecos da Comarca.

A Taberna dos Pendellos de Agolada acolleu hoxe a presentación do libro Tres y tres meses da agoladesa Zerua Galego Insua. A escritora estivo acompañada por familiares, amigos e veciños que quixeron coñecer máis polo miúdo esta súa segunda obra. O acto estivo conducido por unha servidora, a xornalista de ECOS DA COMARCA Laura Moure.

Durante a cita falouse do proceso para chegar a sacar ao mercado unha segunda creación literaria en pouco máis dun ano; afondouse na obra e no seu título e tamén se abordou a importancia de darlle visibilidade á saúde mental, tema que aborda Galego no seus dous libros contando a súa propia e dura experiencia.


Ademais, a escritora adiantou aspectos da que será a súa terceira creación literaria e tamén comentou que segue traballando nunha novela.


NOTICIAS RELACIONADAS:

396 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page