top of page

A agoladesa Marisol Soengas nova presidenta da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro

A científica dirixirá este colectivo durante os dous próximos anos


Laura Moure/Agolada

A científica agoladesa Marisol Soengas, xefa do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), é desde xaneiro de 2023 a nova presidenta da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA). Dirixirá ASEICA durante os dous próximos anos, tomando a substitución do Dr. Luís Paz-Ares, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Universitario 12 de Outubro e Xefe da Unidade de Cancro de Pulmón CNIO-H12Ou, quen ocupaba o cargo desde 2021.

Soengas asinando no libro de honras e distincións ao ser nomeada Filla Predilecta de Agolada o pasado agosto.

“A I+D+i en oncoloxía é deficitaria, o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras en cancro segue sendo unha carreira de obstáculos, particularmente para os mozos. As mulleres séguense enfrontando a múltiples barreiras que limitan o seu liderado, e a integración da ciencia básica e clínica é moitos centros hospitalarios é altamente complicada”, sinala Soengas. "O obxectivo de ASEICA é contribuír de forma proactiva a superar todas estas deficiencias. Os grupos de traballo ASEICA-Novo, ASEICA-Muller, ASEICA-Med e ASEICA-Aprende son referentes en accións reivindicativas, de visibilización e formación, e o compromiso da nova Xunta Directiva é potenciar o seu impacto a nivel nacional e internacional".

Marisol Soengas naceu en 1968 na Aldea do Monte, na parroquia agoladesa de Ventosa, e seus pais residen no municipio de Antas de Ulla. Ela xa tivo distintos recoñecementos debido a súa excelente traxectoria profesional, entre eles recibiu o Premio Carmen e Severo Ochoa de Investigación en Bioloxía Molecular 2021. Ademais, o pasado 6 de agosto foi nomeada Filla Predilecta do concello de Agolada.


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page