top of page

A AED asina un convenio con Genera-T para ofrecer aos socios/as servizos relacionados coa igualdade

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A consultora pontevedresa está especializada no apoio ás pemes para a implementación de plans de igualdade e medidas para alcanzar unha conciliación real da vida laboral, persoal e familiar no ámbito empresarial


Laura Moure/Deza

As empresas afiliadas á Asociación de Empresari@s de Deza poderán beneficiarse en condicións vantaxosas dos servizos relacionados co fomento da igualdade de oportunidades no ámbito empresarial que ofrece a consultora pontevedresa Genera-T, en virtude dun convenio de colaboración asinado esta mañá. Genera-T é unha consultora especializada no apoio ás pequenas e medianas empresas para o desenvolvemento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para alcanzar unha conciliación real da vida laboral, persoal e familiar. Entre os seus servizos destaca a axuda ás empresas

na diagnose, deseño e implementación de plans de igualdade.

O convenio de colaboración, rubricado na sede da AED por Antonio Lamas como presidente e por Isabel Martínez Cochón e María Judith Vilá San Claudio como representantes de Genera-T, establece que a consultora prestará un servizo de asesoramento e envío de información gratuíto á asociación e que as empresas afiliadas poderán beneficiarse dun desconto do 25% sobre as tarifas habituais dos servizos que ofrece.

Adicionalmente, a AED e Genera-T colaborarán na organización de xornadas, webinarios, talleres, seminarios e/ou outras accións formativas relacionadas co fomento da igualdade de oportunidades no ámbito empresarial.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page