top of page
Foto del escritorLaura Moure

A actividade “Muller-Paxaro” chega a Casa da Xuventude de Silleda o 3 e 4 de agosto

Trátase dun proxecto dirixido a 10 mulleres silledenses, creado pola artista feminista Monica Mura en colaboración coa artista plástica María Bueno


Laura Moure/Silleda

Os días 3 e 4 de agosto, de 10:30 a 13:30 horas na Casa da Xuventude de Silleda, as artistas Monica Mura e María Bueno como colaboradora impartirán un taller de acción, voz e corpo cunha duración total de seis horas, nunha acción que se enmarca no Programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra.

Cada taller está pensado para traballar cun grupo de máximo dez participantes, cunha duración aproximada de tres horas, e comezará coa meditación en activación corporal e postural de María Bueno seguido do taller de voz e corpo con Monica Mura. Ademais, María fará debuxos de mulleres-paxaro inspirados nas participantes que asistan á actividade.

Publicidade

Haberá tamén unha acción performativa de clausura duns 20 minutos, na que de forma simbólica cada participante é unha muller-paxaro. Na performance escoitarase unha paisaxe sonoral, algo que se gravaría durante a realización dos talleres. Mentres Monica Mura pinta de maneira repetitiva unha gaiola dourada, María Bueno activa os debuxos das Mulleres-Paxaro, que estarán colgados con fíos dourados.

As mulleres que queiran participar nesta actividade, deberán facer unha inscrición e teñen de prazo ata o vindeiro 27 de xullo. Poderán ir en persoa ao CIM SILLEDA situado na rúa Chousa Nova, 67, por teléfono no 986 592 037 ou a través do correo electrónico cim@silleda.es


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page