A Abanca Semana Verde volverá xerar negocio no mellor entorno lúdico, do 4 ao 7 de xuño de 2026
- Laura Moure

- 2 sept 2025
- 2 Min. de lectura
Será a súa 48ª edición, coa que pretende converterse unha vez máis no gran certame multisectorial de comercio e lecer do noroeste peninsular
Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia xa ten datas para 2026. Será do 4 ao 7 de xuño cando celebre a súa 48ª edición, coa que pretende converterse unha vez máis no gran certame multisectorial de comercio e lecer do noroeste peninsular. O seu equipo traballa xa nunha cita na que seguirá reforzándose, tanto a nivel expositivo como no que se refire ao contido do seu programa de actividades, co obxectivo de manter o amplo respaldo de expositores e público.
En canto á súa exposición, contará cos seus consolidados certames paralelo, o XXIX
Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca; o XV Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, a XII Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, e tamén a XII Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca. A eles unirase a segunda edición do Salón de Beleza e Estética Avanzada, Intermax Beauty Show e, como é habitual, outros moitos sectores que irán desde gandería, bioenerxía, pequena maquinaria, xardinería ou ferramenta ata mobiliario, decoración ou artesanía.
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
En canto ao seu programa, incluirá novamente actividades para profesionais e público
xeral, sumando novidades ás propostas xa clásicas na feira que contan cunha excelente acollida en todas as edicións.
Unha cita con historia que non deixa de superarse
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia é xa unha cita amplamente consolidada pola súa capacidade para crear oportunidades comerciais e ofrecer unha proposta con atractivo para todo tipo de público.
Publicidade
Un esforzo que se reflicte nos seus crecentes resultados. Así, na súa pasada convocatoria, celebrada do 5 ao 8 de xuño deste ano, reuniu a 758 expositores directos de oito países, converténdose na maior do últimos dezaoito anos e na máis internacional do últimos vinte. Ademais, rexistrou cifras récord na exposición do seu salón de turismo e engadiu o sector da beleza a través dun certame paralelo propio.
Por outra banda, volveu ofrecer máis de 200 actividades das que puideron desfrutar 112.200 visitantes, un 32% máis que na edición anterior e a súa mellor cifra desde que se declarase a pandemia.








Comentarios