top of page

9Louro, Familias Caamagno, Bratzantifa e Latexo Percusión actuarán na Festa dos Botes de Arzúa

A súa 43ª edición celebrarase o 7, 8 e 9 de agosto


Laura Moure/Arzúa

A Festas dos Botes vén de anunciar os primeiros artistas que formarán parte da súa 43ª edición, que se levará a cabo o 7, 8 e 9 de agosto en Arzúa.   Unha data que foi anunciada a comezos de febreiro cun vídeo que poñía o foco nos mozos que en 1982 recuperaron a festa, após de que esta fose censurada desde 1936 polo Franquismo. “Nesta edición queremos botar a vista atrás e pór en valor o traballo feito pola mocidade arzuá nestes 44 anos para que a festa siga adiante”, sinala Joaquín Saavedra, presidente da Asociación Xuventude Arzuá. 

Esta edición da festa abrirá a porta a artistas estatais, mais sendo as cabezas do cartel grupos galegos, apostando así pola presenza do galego nos escenarios.   A Festa dos Botes pretende ser un punto de encontro da mocidade no rural galego, creando un espazo cultural accesíbel -ao ser todos os concertos de balde- no interior do país. Unha aposta pola mocidade, “a nosa finalidade sempre foi reivindicar o ‘XA’ (Xuventude Arzuá), posto que a mocidade somos os encargados de preservar a festa”. 

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Artistas Confirmados 

Os grupos confirmados até o momento amosan a esencia do festival, apostando por grupos galegos emerxentes e xa consolidados no panorama musical, así como garantir un cartel en igualdade de condicións entre as mulleres e os homes.  


9Louro, unha das irrupcións máis potentes no panorama musical galego, sendo quen de encher a Sala Capitol de Compostela en apenas unha hora cos seus ritmos urbanos que representan unha nova corrente musical na nosa lingua.  


Familia Caamagno, a banda de Sigüeiro é un dos grupos consolidados na escena galega. O grupo estará presentando na Festa dos Botes o seu último traballo, Disco Comarcal.  

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Bratzantifa naceu no confinamento nunha cociña dun pequeno piso de Compostela, facendo música cun móbil. Un feito que non lles impediu romper barreiras, chegando a gañar o concurso Novos Valores do Festigal en 2022. 


Latexo Percusión Escola traerá a Arzúa os ritmos do mundo. Máis de 30 persoas encherán as rúas da vila con música e festa ao son dos seus tambores. 




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page