top of page

O conselleiro de Ciencia destaca en Touro o papel de Queizuar como exemplo de innovación desde o rural

A empresa colabora con outras firmas e centros de coñecemento no desenvolvemento do proxecto Lácteus, apoiado polo programa Nexos da Xunta


Laura Moure/Touro

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou o mércores en Touro a empresa Queizuar, que participa no programa Nexos, unha iniciativa da Xunta para impulsar proxectos de I+D+i realizados polo tecido produtivo galego co apoio de centros de investigación e coñecemento, fomentando así a cooperación entre ambas partes.

En concreto, Queizuar participa no proxecto Lácteus, dotado cun orzamento de 1,5 millóns de euros e que conta cunha axuda pública superior aos 770.000 euros. O seu obxectivo é transformar a cadea de valor láctea mediante un enfoque integral que combina produción primaria, biotecnoloxía, dixitalización avanzada e validación social.

A empresa forma parte dun consorcio integrado por cinco compañías, liderado pola Cooperativa Agraria Provincial da Coruña (Bico de Xeado), xunto con Aira S.Coop.


Galega, Ronnach Technologies e Taste Lab, ademais da colaboración de entidades como Anfaco-Cytma, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), entre outras.

 PUBLICIDADE

O titular de Ciencia, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, puxo en valor a traxectoria innovadora da compañía, e destacou a súa aposta pola investigación aplicada no ámbito lácteo. Queizuar vén desenvolvendo distintos proxectos que lle permitiron avanzar na valorización de compoñentes como a proteína do soro e a fracción da lactosa, así como rexistrar patentes neste eido. Román Rodríguez salientou que empresas como Queizuar “demostran que a innovación pode desenvolverse en todo o territorio, non só en contornas urbanas, xerando así oportunidades e valor engadido desde o rural”.


Máis de 22 M€ para conectar talento

O representante do Goberno galego incidiu na importancia de consolidar modelos de colaboración público-privada que impulsen a transferencia de tecnoloxía e a modernización do tecido produtivo. “Falamos dun modelo que reforza a competitividade das empresas e, ao mesmo tempo, contribúe a fixar actividade económica no territorio”, afirmou. Así mesmo, subliñou que programas como Nexos permiten conectar o talento empresarial cos centros de coñecemento, facilitando que a investigación se traduza en solucións concretas e competitivas”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O programa Nexos conta cun orzamento de 22,6 millóns de euros para o período 2026-2028 e permite apoiar 37 proxectos nos que participan 138 empresas en sectores estratéxicos. Segundo explicou o conselleiro, este investimento permitirá mobilizar preto de 40 millóns de euros, fortalecendo o ecosistema galego de innovación e a capacidade científico-técnica das empresas, en liña coa aposta pola I+G+i como sinal de identidade da marca Galicia Calidade.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page