top of page

76 negocios de hostalaría das comarcas de Arzúa e Terra de Melide reciben axudas do plan Reactiva 2

Este programa da Deputación da Coruña suma no último ano 25 millóns de euros en concesións directas aos sectores máis afectados pola pandemia


Laura Moure/Comarcas de Arzúa e Terra de Melide

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, deron a coñecer os resultados deste segundo plan REACTIVA da Deputación, deseñado específicamente para apoiar e impulsar a reactivación destes sectores, que están entre os máis afectados pola pandemia da Covid-19. González Formoso destacou que das 3.000 solicitudes rexistradas, un 85 % (2.530) xa están pagadas a día de hoxe. "Todas as axudas, incluídas as das empresas das grandes cidades, foron tramitadas directamente pola Deputación cun tempo medio de pago de 8,2 días. Un auténtico récord para calquera administración que se debe ao gran traballo do departamento de Promoción Económica e Emprego", afirmou o presidente, que detallou que a vindeira semana estarán pagadas o 100% das axudas.

O presidente subliñou que os plans Reactiva da Deputación suman no último ano 25 millóns de euros en axudas directas aos sectores máis afectados pola pandemia e supoñen "unha aposta importante pola reactivación económica da provincia" No caso das axudas á hostalaría, alcanzarán os 4,5 millóns de euros; polo que as economías do orzamento "seguiremos dedicándoas á creación de emprego, tanto nas vilas pequenas coma nas cidades", explicou González Formoso.


Pola súa banda, José Ramón Rioboo, destacou tamén o investimento histórico que está a facer a Deputación na área de Emprego durante o último ano. "A pandemia fixo que nos reiventaramos para destinar preto de 25 millóns de euros á reactivación da provincia". O deputado de Emprego explicou que as axudas son de 1.500 euros por negocio e que o 86% dos beneficiarios son bares e restaurantes, seguidas das empresas de hospedaxe (10%) e axencias de viaxe (3,6%). Por último, soamente 11 salas de festa e discotecas presentaron solicitude ás axudas de PEL-Reactiva II, o que supón o 0,4% do total.


No referente á distribución por concellos, e meirande parte dos solicitantes teñen o seu domicilio fiscal en A Coruña (825) , Santiago (487), Ferrol (231), Narón (88), Carballo (65), Fisterra (57) e Arteixo (56).


En canto á distribución de solicitudes por comarcas, a comarca da Coruña é a que máis solicitudes presentou, un total de 1.169 por importe de 1.753.500 euros, seguida da comarca de Santiago con 808 solicitudes por importe de 1.212.000 euros, e da de Ferrol con 526 por importe de 789.000 euros.


En resumo, as 3.010 solicitudes recibidas por parte de hostaleiros e axencias de viaxe da provincia supoñen un importe solicitado de axudas de máis de 4,5 millóns de euros.


Axudas á hostalaría (Reactiva 2)

Así na provincia de A Coruña, vironse beneficiados negocios das dúas comarcas, a de Arzúa e a de Terra de Melide:

  • En Arzúa presentáronse 27 solicitudes e concedéronse 24.

  • En Boimorto deuse unha, a única rexistrada.

  • En O Pino 16 negocios pedíronas e só a dous non se lles outorgou.

  • En Touro foron concedidas sete, das oitos demandadas.

  • En Melide foron concendidas as 23 presentadas.

  • En Santiso outorgouse a única que se pediu.

  • En Sobrado presentáronse cinco e só unha foi rexeitada.

  • En Toques rexistráronse tres e concedéronse dúas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page