70 nenas e nenos de entre 3 e 12 anos participan no Concilia 2024 de Vila de Cruces
- Laura Moure
- 17 jul 2024
- 2 Min. de lectura
Xincanas, murais de pintura, xogos populares, lecer ao aire libre e piscina son algunhas das actividades das que desfrutan
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces reforzou o Programa Concilia 2024, unha iniciativa de atención á infancia que ofrece a pais e nais a posibilidade de que as súas fillas e fillos nas vacacións de verán –xullo e agosto– poidan optar a esta proposta que se pon en marcha desde este Concello para facilitar a conciliación entre a vida laboral e os coidados dos menores.

Participan no programa 70 nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que cursan estudos nos
CEIP do municipio. Hai programas de conciliación no verán por quincena, do 1 de xullo
ao 30 de agosto, en quendas horarias de 9:00 a 14:00 horas ou de 10:30 a 14:00 horas. As actividades realízanse no pavillón de deportes e nas súas zonas exteriores próximas, no recinto do colexio Vila de Cruces, no parque xunto á residencia de maiores, no auditorio Xosé Casal e na piscina municipal. O programa dispón tamén da opción de transporte.
Publicidade
“Aínda que quedaron 26 familias en lista de espera, todos os admitidos son familias
empadroadas. Este ano aumentou de forma considerable as solicitudes para a conciliación debido ao bo servizo que se está ofrecendo desde o Concello. Cara ao ano que vén, tentaremos mellorar e intentar, na medida do posible, aumentar as prazas ou
facer unha selección máis estrita para procurar unha conciliación máis real para as familias” –explicou o alcalde–.
Os máis pequenos participan en xincanas e xogos populares, realizan murais de pinturas e, cando o tempo acompaña, aproveitan para xogar ao aire libre no parque ou gozar dunha xornada de piscina. Tamén se convocaron cursos de natación para os meses de xullo e agosto e o programa posverán do 2 ao 10 de setembro que se realizará nos CEIP da vila.
コメント