top of page

65 meles e 46 de queixos participan na XXIII Cata dos meles e na XXVII Cata dos queixos de Galicia

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) acolle os 19 catadores encargados de avaliar os produtos que compiten nestes prestixiosos concursos


Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

Un total de 65 mostras de meles e 46 de queixos participan na XXIII Cata dos meles e na XXVII edición da Cata dos queixos de Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, en colaboración cos consellos reguladores que amparan estes produtos de calidade diferenciada.

No caso dos meles, repártense en diferentes categorías, desde os monoflorais (27 mostras) ata os multiflorais (23), pasando polo mel de bosque ou melada (5) e, por primeira vez, os meles inscritos en artesanía alimentaria (10 mostras). As mostras proceden de 30 industrias inscritas na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, o que representa un 68% das industrias e envasadoras deste selo de calidade.


En canto ás mostras de queixo, corresponden ás catro denominacións de orixe protexidas (DOP) de Galicia, que son Arzúa-Ulloa, Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro, así como - tamén con carácter novidoso este ano- ao selo de artesanía alimentaria. Estas mostras corresponden a un total de 37 queixerías, o que representa un 81% do total da industria.


Os encargados de avaliar os produtos presentados son un total de 19 catadores (12 para o

panel dos queixos e sete para o dos meles) que realizan o seu labor ao longo desta semana nas instalacións do Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón). Todos eles son

expertos na materia, procedentes de diferentes eidos profesionais, entre elas a docencia, a gastronomía ou a comunicación.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Durante todo o desenvolvemento das catas mantense o anonimato das mostras, cun

sistema de numeración e re-numeración que garante a imparcialidade do proceso de

principio a fin. Este evento, con máis de dúas décadas de historia, ten unha moi boa

acollida entre os dous sectores implicados. Proba disto é que cada ano se incremente o

número de participantes nas catas, poñendo de relevo o interese destes eidos en formar

parte no certame.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page