top of page

60 artistas formarán parte da XIV Emporcarte que se inaugura o 14 de febreiro en Lalín

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, salienta que “é unha das edicións con maior participación e destaca a variedade estilística das obras”


Laura Moure/Lalín

Un total de sesenta artistas tomarán parte na XIV EmporcARTE que se inaugura o vindeiro sábado de Entroido, 14 de febreiro, ás 13 horas no Museo Municipal Ramón Mª Aller de Lalín. A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, salienta que “se trata dunha das edicións con maior participación e destaca a variedade estilística, de técnicas e de formatos, das obras”. Cómpre indicar que por primeira vez a mostra foi aberta.

Hai escultura, pintura, gravado, debuxo, técnicas mixtas, fotografía, formatos e estilos moi diferentes. Entre os artistas participantes atópanse creadores xa habituais da cita, con ampla traxectoria e recoñecemento na plástica actual, xunto con persoas que participan por primeira vez na exposición, artistas noveis ou artistas locais que será a primeira vez que expoñan no emporcARTE.


A mostra será presidida polo colorido lenzo de Barreiro, que realizou con motivo do cartel da 58ª Feira do Cocido, e que será acompañado por novas creacións do fantástico elenco de cartelistas da Feira do Cocido.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A exposición poderá visitarse ata o 18 de abril, decidíndose prorrogar a súa duración pola gran expectación que levanta o proxecto entre o público, sendo de gran interese tanto para visitantes como para centros educativos.


Cómpre indicar que a participación na emporcARTE non é remunerada, pero inclúe certificado, difusión nas canles municipais e presenza no catálogo dixital da exposición. As bases completas da convocatoria estarán dispoñibles na web do Concello de Lalín.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Tras a inauguración da EmporcARTE terá lugar ás 14 h a tradicional ofrenda de grelos ao Porco na rúa Colón a cargo do gaiteiro Plácido Rozas e de seguido o Cocido das Artes ao que asistirán preto dun cento de artistas e para o que está xa o aforo completo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A relación de artistas é a seguinte:

Laxeiro, Barreiro, Quintana Martelo, Acisclo Manzano, Soledad Penalta, Diego de Giráldez, Fondevila, Tareixa Taboada, Ruth Lodeiro, Raúl Velloso, Daniel Agra, Isabel Alonso, Acisclo Novo, Marc Quintana, Lomarti, María Gandasegui, Jesús Otero, Shu? Lóng Xu? Bào, Carlos Santos, José Luis Abeledo (Bibí), Platis Cores, Xan Paz, Carmen Senande, Jesús Millán, Luis Blanco, Juanjo Sarandeses, Raquel Figueiras, Deiviz Kostoya, Lucía Dubra, Juan Liñares, Rubén Álvarez, Sé Senande, Noa Blanco, Olalla Garra, Iria Eijo, Carmen Payo, Inés Benito, Mariña Paz, Olalla Framiñán, Álex Davila, Manuel Nietto, Marisa Miguélez, Max Medina, Julio Sanjurjo, Xulio Fontes, Xulio Pereira, Maruxa e Xulia Ferradás, Ehlaba, Gabriel López, José Antonio Santomé, Alfonso Santomé, Tito Rodríguez, Utrera, Ramiro Cimadevila, Ana González, Cecilia Sanmartín, Teresa Caramés, Teresa Ferradás e Anónimo.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page