50 condutores de varios países demostrarán en ExpoBus Iberia quen é o mellor a nivel nacional e internacional
- Laura Moure

- 17 nov 2025
- 2 Min. de lectura
A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025 terá lugar do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda
Laura Moure/Silleda
A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal terá lugar do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), será escenario unha vez máis do Premio ao Mellor Condutor-Condutora de Autocares, cuxas probas se levarán a cabo coincidindo cos tres días de celebración do certame.

Esta edición, que por primeira vez se internacionaliza, contará coa participación de medio centenar de condutores e condutoras de varios países nas súas tres categorías: España, Europa e Mundo. Entre estes participantes destaca que moitos xa participaron noutras ocasións e repiten tanto polo gratificante da experiencia como por valorar moi positivamente o carácter formativo que ten a propia competición. Ademais, é de sinalar o aumento de mulleres neste Premio.
Estes profesionais deben realizar un exame de coñecementos e diversas probas de habilidade, anticipación, suavidade e hábitos nun circuíto deseñado especialmente para iso e situado no recinto feiral. Os candidatos teñen garantida unha experiencia única con probas dinámicas que lles sorprenderán e realizarán en vehículos da marca MAN equipados coa tecnoloxía e seguridade máis avanzada do mercado. Os técnicos e formadores da empresa TECE encargaranse do deseño do circuíto, realización das probas e valoración de candidatos.
Publicidade
Cada condutor terá a oportunidade de realizar previamente o percorrido -sen puntuar- antes da proba definitiva, coa fin de que coñezan de antemán o circuíto, as probas e o propio vehículo. Antes da proba de condución realizarase a avaliación teórica tipo
test.
Doce premios
Con MAN como patrocinador principal, o Sindicato Libre de Transporte (SLT) e Proformatrans como patrocinadores destacados e Carril Bus como coordinadora, esta
edición da competición aumentou o número de galardóns. Así, ademais de premiar ao primeiro clasificado en cada unha das categorías, Nacional, Europa e Mundo, tamén se recoñecerá aos dous seguintes e ás empresas nas que desempeñan o seu traballo os gañadores.
Publicidade
Os premios entregaranse nunha cerimonia oficial en ExpoBus Iberia o sábado 22 de
novembro, ás 14:00 horas.








Comentarios