top of page

31 queixerías, entre elas de Arzúa-Ulloa, mostran o mellor de si nunha nova cata

A conselleira María José Gómez visitou onte no Pazo de Quián de Sergude aos profesionais que están a avaliar un total de 66 mostras


Laura Moure/Arzúa/Ulloa

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou este mércores o Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), onde se están a avaliar as mostras participantes da XXVIII Cata dos Queixos de Galicia. Alí destacou o reforzo pola promoción dos queixos galegos de calidade diferenciada a través dunha nova edición deste certame no que participan 31 industrias queixeiras da nosa comunidade, cun total de 66 mostras.

ree

Estas mostras distribúense do seguinte xeito: DOP Queixo Tetilla (16 mostras); DOP Arzúa-Ulloa e Arúa-Ulloa Curado (19 mostras); DOP San Simón da Costa e San Simón Curado (13 mostras); DOP Cebreiro e Cebreiro Curado nas categorías Cebreiro e Cebreiro Curado (3 mostras entre ambas); Queixos Ecolóxicos (6 mostras); e Queixos Artesáns de Galicia (9 mostras). O panel de cata está integrado por 12 expertos encargados de analizar totalmente a cegas e de forma minuciosa estas mostras, para pasar a seleccionar as marcas gañadoras.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste acto, a titular de Medio Rural puxo en valor a puxanza do sector queixeiro galego, tanto desde o punto de vista social como económico. Así, destacou que, con datos de

2024, só as catro denominacións de orixe protexidas suman máis de medio cento de

queixerías en toda Galicia, que producen arredor de sete millóns de quilos de queixo ao

ano e que representan un valor económico estimado de máis de 58 millóns de euros.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Tendo en conta estes datos, a conselleira cualificou a produción queixeira como “un

sector de referencia no rural galego, que dá valor engadido ao noso leite e que contribúe

de xeito moi destacado a crear emprego e riqueza, así como a fixar poboación”. Por iso,

subliñou, a Xunta aposta claramente por iniciativas como as catas, tanto de queixos como

de meles ou viños, para poñer en valor a extraordinaria calidade do produto e as súas

moitas posibilidades. Porque todas estas producións, remarcou Gómez, veñen reforzar

claramente a filosofía de Galicia Calidade que se defende e fomenta desde a Xunta.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page