27 persoas entrarán no sorteo dunha viaxe en autocaravana do certame Vai de Parroquias de Silleda
- Laura Moure

- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
O prazo rematou o pasado día 2 e o sorteo terá lugar hoxe no salón de Actos da Casa do Concello
Laura Moure/Silleda

Un total de 27 persoas optan ao gran premio do certame Vai de Parroquias, convocado polo Concello de Silleda durante este Nadal ca dinamización do rural como protagonista. Baixo o lema “Misión Elfos 33: na procura dos agasallos perdidos”, o concurso desta edición proponía unha aventura lúdica por todo o termo municipal na que as persoas
participantes debían atopar os 33 elfos agochados en diferentes localizacións de interese, fotografarse con cada un deles e completar a lámina do Obradoiro de Xoguetes cos números asignados a cada elfo. Todas as persoas que participaron entrarán no sorteo dunha viaxe en autocaravana durante 4 días, para 4 persoas.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Dito sorteo público terá lugar hoxe, xoves día 8m ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa Consistorial, sendo ademais retransmitido polas Redes Sociais do Concello. Cada persoa participante ten asignado un número (seguindo a orde de inscrición no concurso), tal e como se establece nas bases.
Publicidade
Publicidade
Este certame, no marco da programación de Nadal, busca dinamizar as localidades rurais do municipio, fomentando a participación activa da veciñanza e poñendo en valor as 33 parroquias que compoñen o termo municipal fomentando tamén o coñecemento das mesmas.








Comentarios