2ª xornada de Rexional Preferente remata con vitoria do Boimorto C.F. e tamén do S.D. O Pino
Actualizado: 10 oct 2021
Ambos equipos xogaron onte pola tarde. O Boimorto C.F. gañou na casa do SD Dubra por 0-1, mentres que o O S.D. O Pino gañou por 2-0 na casa contra o Agrupación Estudantil
IsmaelRS/Boimorto/O Pino
Os equipos que representaban á comarca de Arzúa nesta segunda xornada de Rexional Preferente Galicia 1º Fase Grupo 1º Norte - Subgrupo 1A, xogoron onte os seus partidos de liga, obtendo os 3 puntos ambos os dous equipos.
Boimorto C.F.
El C.F. Boimorto xogará o seu partido contra o Dubra S.D., dito partido tivo lugar no campo municipal de Juan Baletato (Val do Dubra). O encontro rematou coa vitoria do equipo visitante por 0-1, o único gol que subiu ao marcador foi obra de Oscar Vizcaino Alcalde (70´).
S.D. O Pino
El S.D. O Pino xogou o seu partido contra o Agrupación Estudiantil (Vista Alegre), dito partido tivo lugar no campo municipal de Reboredo (O Pino). O encontro rematou con vitoria por 2-0 para o equipo local, os goles foron obra de Julio Díaz López (67 ') e o último deles 2' minutos despois, grazas a un gol de David Pereiro Sánchez (69 ').
Grazas a estes resultados, o Boimorto C.F. mantense na terceira posición, mentres que S.D. Pino ascende á cuarta posición.
PRÓXIMA XORNADA:
A 3ª xornada da liga disputarase o vindeiro domingo 10 de outubro, cos seguintes encontros:
C.F. Boimorto - Puebla F.C., no campo Municipal de O Carballal
Laracha C.F. - S.D. O Pino, no campo Municipal da Laracha

NOTICIAS RELACIONADA: