top of page

14 empresas optan a realizar as obras de ampliación do Parque Empresarial Lalín 2000

O orzamento da licitación ascende 11,2 millóns de euros, cun prazo de execución de 18 meses tras a adxudicación

Laura Moure/Lalín

Ata catorce empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de urbanización da ampliación da cuarta fase do Parque Empresarial Lalín 2000 (Pontevedra), que suporá incrementar en 313.497 metros cadrados a superficie actual e que estará a disposición do tecido empresarial no ano 2028.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O Consello da Xunta aprobou o pasado 3 de novembro a autorización do anticipado de gasto para acelerar a contratación das obras de ampliación co obxectivo de dotar a comarca do Deza con máis solo empresarial. Na actualidade, o parque Lalín 2000 conta con 536.758 m2, ocupados na súa totalidade, polo que a nova actuación incrementará nun 58,4% a superficie actual.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O proxecto conta cun orzamento de 11,2 millóns de euros e un prazo de execución de 18 meses, unha vez adxudicado o contrato. A actuación que se levará a cabo consiste en poñer a disposición das empresas 42 parcelas, cuxo tamaño poderá oscilar entre os 1.131 m2 e ata os 56.690 m2 como máximo. Ademais, está prevista unha zona de equipamentos que permitirá dar cabida o local social de A Filgueira. As zonas verdes sitúanse no perímetro do ámbito do polígono co obxectivo de servir de barreira visual e protexer o entorno rural e as zonas residenciais máis próximas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O Goberno galego considera estratéxico este proxecto porque contribuirá a dotar a comarca do Deza co solo empresarial necesario para contribuír ao seu desenvolvendo económico, facilitando o asentamento de novas iniciativas empresariais ou a ampliación das xa existentes.


Case 3 millóns de m2 en tramitación na provincia de Pontevedra

A Xunta de Galicia está a impulsar diferentes proxectos para dotar a provincia de Pontevedra con case tres millóns de metros cadrados de novo solo empresarial.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Actualmente encóntranse en tramitación os PEOSE do Parque empresarial de Fragamoreira (Poio), a ampliación do parque empresarial de Toedo (A Estrada), o parque empresarial de Louredo (Mos-Redondela), a ampliación do Parque empresarial de O Pousadoiro (Vilagarcía de Arousa) e a ampliación da MI da PLISAN. Ademais, encóntrase en tramitación o proxecto de reurbanización da Central de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page