ecosdacomarca

1 de jun de 20211 min.

Despois das continuas queixas comeza o arranxo da estrada que une os municipios de Touro e O Pino

A actuación leva meses demandándose debido aos incidentes e os continuos trastornos provocados pola cantidade de fochancas

Ecos da Comarca/O Pino

A estrada que enlaza os municipios de Touro e O Pino presenta un estado lamentable cheo de fochancas. Despois de múltiples queixas e de máis dun incidente, o Concello do Pino empezou este martes as obras de arranxo, que son máis que necesarias e moi demandadas desde hai meses.

Cabe mencionar que ECOS DA COMARCA fixo públicas as queixas de veciños e condutores no mes de febreiro; ao mes seguinte o PSOE de Pino volveu reivindicar o seu arranxo no pleno e o venres pasado este xornal daba conta dos daños nun vehículo tras pinchar unha roda debido a un bache. As protestas e o malestar, sobre todo das persoas que usan a cotío este vial, tamén se deixaron ver nas redes sociais e por fin surtiron efectos polo ben de todos.

Fotos actuais dá reparación deste viario:

Fonte: Ecos da Comarca
Fonte: Ecos da Comarca

Noticias relacionadas:

https://www.ecosdacomarca.com/post/veciños-critican-o-mal-estado-da-estrada-que-enlaza-os-concellos-de-touro-e-o-pino

https://www.ecosdacomarca.com/post/o-psoe-do-pino-demanda-un-arranxo-da-vía-que-une-este-concello-co-de-touro-á-altura-do-pedrouzo

https://www.ecosdacomarca.com/post/un-vehículo-sofre-danos-na-estrada-que-une-o-pino-e-touro-debido-ao-estado-que-presenta-este-vial

    9