Laura Moure

29 de mar de 20231 min.

Biofliytech xa ten explanados os terreos da planta de Palas para producir larva fresca de mosca

Ten previsto criar 12.000 toneladas anuais destes insectos a partir de setembro

Laura Moure/Palas de Rei

A empresa Biofliytech xa ten limpos e explanados os terreos da planta de Palas de Rei na que ten previsto producir máis de 12.000 toneladas anuais de larva fresca de mosca a partir de setembro.

"Bioflytech ten previsto producir máis de 12.000 toneladas anuais de larva fresca de mosca soldado negra para desenvolver fariñas proteicas e graxas destinadas á alimentación animal, dende a súa planta de Palas de Rei que comenzará a estar operativa dende setembro deste 2023. Dito proxecto innovador, conta cun investimento de ata 20 millóns de euros nesta primeira fase e supón a xeración de máis de 50 empregos directos e uns 75 indirectos. Este tipo de iniciativas están moi vinculadas ó concepto de economía circular, xa que son os propios insectos os que actúan como recicladores naturais e asimilan nutrientes dunha ampla gama de productos orgánicos", sinala o Concello. "Os insectos, son os encargados de converter o alimento en biomasa dunha forma máis sustentable e eficiente que a maioria de seres vivos, reducindo os consumos de auga e o uso de antibióticos".

Nestes momentos, Bioflytech ten limpos e explanados os terreos onde asentará as naves de cría e sembra de mosca, así como, outras construcións anexas para albergar os almacéns e as oficinas administrativas, todo isto, nunha parcela de 55.000 metros cadrados, no lugar coñecido como “Cova do Espiño”, ao carón da estrada LU-231, entre a parroquia de Ferreira e Palas de Rei.


 
NOTICIA RELACIONADA:


 

    2